| |
|
|
PORTO DEPORTIVO
|
 |
Estimados Navegantes::
O PDB xestiona desde 2003 as súas instalacións situadas nun enclave privilexiado, en pleno centro histórico da Real Vila de Baiona, polo que os seus principais encantos son a súa situación xeográfica e mailo contorno que o rodea (as Rías Baixas e o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia). Trátase polo tanto dun espazo nobre de acollida, pracer e confort para todos os que pasen por aquí, froito da inspiración e persistencia herdada dos nosos antepasados
O PDB reúne unhas espléndidas condicións para a navegación deportiva e é escala obrigada para aquelas embarcacións de recreo en tránsito cara a Portugal, o Mediterráneo, as Illas Canarias e o Caribe, motivo polo que contamos con 370 puntos de amarre para embarcacións de ata 40 m de eslora, dotados de todos os servizos que poida precisar o navegante.
Un clima de temperaturas suaves e agradables permite gozar en calquera estación desta costa privilexiada, tanto na variedade como na calidade da súa oferta
O PDB non escatima esforzos para ofrecer a quen se achegue ás súas instalacións todo o que poida precisar para facer inesquecible a súa estancia nunha vila de intenso arraigo mariñeiro, rico folclore e singular patrimonio ecolóxico e cultural, de xentes orgullosas do seu pasado bimilenario e da súa consagración como paraíso para o futuro, e considérase como un proxecto ambicioso do século XXI, aliado do ambiente e das novas tecnoloxías.
Todas estas calidades fan do PDB un dos mellores e máis modernos PD da costa atlántica da península, onde esperamos poder recibilo a vostede e á súa embarcación.
|
|
|
Non queremos acabar sen dar as grazas tanto á nosa familia de usuarios como aos navegantes que, ao longo destes anos de existencia do porto, nos escolleron como porto de abrigo, así como a todos aqueles que dalgunha maneira, co seu traballo e simpatía, impulsaron o desenvolvemento deste proxecto.
A todos eles, o noso máis sincero agradecemento coa certeza de que a nosa máxima aspiración será sempre a de os servir cordialmente.
Todas estas cualidades convierten el PDB en uno de los mejores y más modernos PD de la costa atlantica de la península, donde esperamos poder recibirle a usted y a su embarcación.
No queremos acabar sin agradecer tanto a nuestra familia de usuarios asi como a los navegantes que a lo largo de estos años de existencia del Puerto, nos escogieron como puerto de abrigo, así como a todos aquellos que de alguna forma con su trabajo y simpatia impulsaron el desarrollo de este proyecto.
a todos ellos nuestro más sincero agradecimiento con la certeza de que nuestra máxima aspiración será siempre la de servirles cordialmente.
|
|
|
|
|
|
|